martes, 9 de junio de 2015

Hoxe entregamos a Iniciativa Cidadá un documento de medidas urxentes que precisamos pór en marcha neste novo mandato.

O Partido Popular segue coa ronda de contactos cos partidos que non foron oficialmente goberno  neste mandato, tal e como xa anunciáramos, en busca dun cambio de políticas e de xestión do Concello. O sábado pasado reunímonos co PSOE, reunión que publicaremos en breve.

Hoxe entregamos a Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) un documento de medidas urxentes que baixo o noso parecer necesitan implementarse na xestión cotiá para dar solucións a problemas actuais e que deben levarse a cabo o antes posible.
 
Estas son as actuacións que adoptaremos no caso de ser o Partido Popular quen goberne Mugardos, porque cremos que son indispensables para a profunda transformación que require o noso pobo. E serían as medidas que en calquera caso apoiariamos de ser ICM quen as tivese que implementar no caso de ser goberno.

O documento supón a vontade de levar a cabo un xiro na xestión municipal,  acometendo un plan de actuacións indispensables a curto prazo.

Falamos de medidas encamiñadas a dar solucións reais e rápidas a problemas concretos. Falamos de cambiar e modernizar a xestión. Falamos de gobernar pensando nas persoas, non en votos. Falamos de cambiar a xestión, nos os sillóns.