Seguimos sin saber nada del MUSEO de Caldoval

Después de la euforia y los buenos deseos seguimos (y seguiremos) esperando noticias positivas acerca de la materialización y puesta en valor del centro de interpretación de los restos romanos de Caldoval, sufragados por la empresa REGANOSA (1 millon de €), y cuyo concurso de ideas sobre el proyecto ya fue para uno de los autores presentados al mismo.
El gobierno municipal no da signos de vida en este aspecto, y eso que en verano íbamos a tener noticias.

Desgraciadamente si "las cosas de palacio van despacio" en el Concello de Mugardos van lentas como caracoles.

El PP ya ha dicho que es importante ir pensando el modelo de gestión del mismo, y los costes de mantenimiento para que no nos coja el toro (como en la piscina, el centro de mayores, la vivienda comunitaria, el bajo de la guardia civil, la cesión del centro de salud al Sergas y un largo etc...). Será como lo es todo, tarde, mal y a rastro. Sin duda otro ejemplo de una gestión impecable del gobierno de Barcia.


9 comentarios:

  1. Desde un mínimo de honestidade i ética política non se pode chegar a entender como logo de pasar máis de tres anos de aprobar o correspondente convenio , desde o Partido Popular de Mugardos e o seu grupo municipal pretendan agora desmarcarse do tema do Museo do Caldoval cando eles foron precisamente os colaboradores necesarios , xuntamente co goberno municipal do BNG , para subscribir o devandito convenio coa Xunta de Galicia e REGANOSA e que polo seu contido pode cualificarse como moi lesivo para os intereses do Concello de Mugardos e que si ninguén o remedia ou recompón suporá unha pesadísima e insoportable carga económica para as maltreitas arcas municipais .

    Como a estas alturas se lle ocorre ao Partido Popular preocuparse do modelo de xestión e os custos económicos de devandito convenio cando terían que habelo feito antes de aprobalo conxuntamente co goberno municipal do BNG ?

    Como se pode intentar “ cargar o morto “ soamente a unha das seis persoas que co o seu voto favorable tomaron tan irresponsable e desacertada decisión ?

    O convenio foi aprobado en pleno celebrado o día 26 de xuño de 2009 con seis votos a favor ( 4 BNG e 2 PP ) e cinco en contra ( 3 PSOE , 1 EU-EU e 1 IPM ) .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E xusto o contrario, non nos desmarcamos, e todo o contrario somos os unicos que nos preocupamos polo mesmo, so queremos que se nos presente por parte do goberno, o modelo de xestion que se quere para o mesmo, e despois debatir sobre a que nos creemos que deberia ser o modelo de xestión.
      Ou como di vostede houbo grupos que votaron en contra, e como estaban en contra ¿ahora non deberian preocuparse polo seu futuro?.
      E cabe dicir que hasta que se presenta o modelo de museo, non e posible saber os custes de xestión nin de mantemento do mesmo, e iso a responsabilidade unica do alcalde xunto con Reganosa, xa que eles tomaron as decicions o respecto.
      Igual que todavia non se sabe o modelo de xestión do campo de herba artificial, e na sua contruccion todolos grupos estamos de acordo.
      Por todo iso, nos intentamos que haxa planificación neste Concello, cousa que brilla pola sua ausencia.

      Eliminar
  2. Coincido neste último punto en que a única motivación é que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta esixiu que os restos de Cadoval teñen que ser postos en valor, e para iso se sacaron de REGANOSA, e por iso ésta ten a obriga legal e moral de poñelos en valor nun museo. Outra cousa é que grupos como EU-IU (dos que non parece alleo o comentarista anterior)queran mezclar que non debe ser así.E para iso seguramente lles vaia con que calquera cousa que vaia contra REGANOSA é positivo, e non é así. A Vila Romana de Caldoval debe ser posta en valor como así demostran moitos estudios arqueolóxicos, ¿ou é que non se queren poñer en valor? ¿acaso é preferible que leven baixo unha carpa outros 10 anos? ¿Qué fixeron os gobernos anteriores ó respecto? Entendo o que di o PP, unha cousa é poñer en valor nun centro de interpretación (como o hai en Cambre) e outra moi diferente é facer un mausoleo. Estudiar a forma e o proxecto máis sostible é un compromiso de todos (tamén dos que non votaron a favor do museo)(por certo o voto de EU-IU sempre será contra calqueira cousa que leve parexa a palabra REGANOSA, o cal é unha cuestion respetable, pero que non ten nada que ver con non querer poñer en valor os restos, e se non me trabuco o voto negativo do PSOE foi porque entendía que os terrenos tamen os tiña que pagar a empresa, unicamente, como si cando nos poñen un ambulatorio ou unha escola os concellos non puxeran os terreos, ou calquera outra instalacion de servicio público).Non contar con nadie para facer un proxecto mantible cun gasto que conlevará unha xestión adecuada é diferente a ter que tomar a decision de conservar os restos ¿ou "o morto" é preferible telo nunha carpa? O lector anterior prefire manter os restos nun alpendre ou nunha cova? E a responsabilidade de escoller o mellor proxecto non foi culpa do PP, eso seino ben, todo o contrario, senon fose por él ainda estaría nunha carpa 10 anos máis, para alegría dalguns que o querrían ver coma un fracaso de REGANOSA, cando o fracaso sería perder esos restos de tanto valor histórico. POr certo quen escolleu o modelo de museo non foi o PP, senon que se fixo un concurso de ideas cun xurado da empresa, o alcalde, expertos e a D.X de Patrimonio. Como xa sabrá o PP non estivo nesa elección, non mezcle de forma interesada a necesidade de facer un museo ea de escoller o tipo de museo que debe ser. Son cousas diferentes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El voto de EU será siempre en contra de REGANOSA, ¿pero en la bandera REGANOSA por que iban en la lancha?, ¿hay que salir en la foto?, en la presentación de la trainera estaban también, ¿eso no lo patrocina REGANOSA?, lo de IU es vergonzoso, la palabra demagogia se queda muy corta.
      Lo que no entiendo es como puede haber gente que no se de cuenta ó que aun siga creyendo en ellos.

      Eliminar
  3. O museo debería estar no Caldoval. Alí sería o seu sitio natural e mesmo podería servir para facer unha entrada en condicións a Mugardos, cun aparcadoiro disuasorio ( un de verdade non como o parecer está disposto o do peirao que de disuasorio non sei que ten...) e unha senda peonil que de facto xa existe e que comunica o Caldoval co peiro pasando pola Santa Lucía e as Casasa Baratas. De non poder estar alí temos tamén abandoado a súa sorte Noville non menos interesante a e alomenos referiría un contexto similar en canto a un xacemento de litoral como é o do Caldoval. E por último mellor que nos terreos onde parece vai ser ubicado, sería ordear o peirao na zona do Cantón de Cora e facer un edificio integrado aproveitando os que xa hai: galpóns, edificios , taller e Pazo dos Mariño, pois dende logo Mugardos atrae á xente ao seu peirao , e a outra ubicación vai mandar truco ser quen de ordear o tráfico e dirixir aos viistantes alí unha terra de ningures, e que dende logo si tería posibilidades de albergar outro tipo de usos: escolares, deportivos , mesmo cemiterio civil.... e non un museo. Pero para gustos pintanse cores e para xardíns frores....!

    ResponderEliminar
  4. A ubicación no Cadoval é incompatible coa actividade industrial que ali se leva a cabo. O feito non é obxecto de discusión xa. Os restos arqueolóxicos son moi extensos e amplos, e non caben en ningún galpón, nin en ningun edificio do peirao. A fortuna de respetar os restos e podelos poñer en valor supon unha grande embergadura do mesmo xa que contén varias estancias, algunhas delas de moito tamaño. Partindo de esa premisa ainda que modesto, debería ser fácilmente sostible ppois o que encarecerá o futuro será o seu mantemento. Parece que xa se contemplaron estas consideracións no proxecto. Ainda que nos temos Fe, non en Barcia precisamente. Esperemos que alguén mais ca él tivera sentidiño nese aspecto.POr outro lado Mugardos non é Madrid, e se poñemos todo o que temos no peirao, ¿que facemos co resto, deixalo coma sempre? Extender os servicios e facer novos espacios tamén axuda a facer pobo, xa que logo non podemos decir ó turista que Mugardos non é mais ca un peirao.

    ResponderEliminar
  5. Cantos metros cadrados terá o Museo?. Por outra banda, por suposto que empregar a zona do Cantón non sería tal cal está, pois cos cartos a investir ben se podería remodelar os galpóns ( sen que se entendan mal esta palabra pois son unhas construccións moi axeitadas e que permitirían a unión co resto das edificacións en pararlelo, dunha forma ordeada e mesmo orixinal, sendo factible incrementar o volume do conxunto con solucións acaídas e que darían sen dúbida superficie suficiente para albergar o conxunto museístico. De todas formas e sen pretender entrar en debates estériles de tamaños e volumes, dicirvos que está tamén ahí a zona de Noville ( digo a zona e non só o castro) que por certo anúnciase na estrada ao Seixo e gustariame coñecer para que?, pois si algunha vez fostes nos derradeiros tempos, non se pode ver nada de nada ( mellor acaso polos expoliadores) e está moito por descubrir aínda alí. Desta forma, como ben dicides, descentralizariamos o pobo e de paso poriamos en valor unha parroquia e un lugar ben fermoso como é o Seixo onde por certo temos un ARI e por tanto viría moi ben dotalo de máis contidos de cara a rexenerar un importante e valiososo núcleo parroquial.
    Logo un par de consideracións: todavía hai moito por facer no peirao, e moi pouco feito, e goste ou non o peirao da vila é, foi, e será, o principal reclamo de Mugardos e dende logo o seu lugar máis emblemático pois somos o que somos polo peirao, e senón documentádevos un pouquiño. Por tanto se non sodes quen de ver que o peirao precisa de ararnxos e melloras, mal ides se aínda por riba comezades a falar de "turistas". Claro que coincido en que é preciso intervir en máis zonas e lugares do Pobo, pero persoalmente penso que o tema do peiaro todavía ten urxencias dado o abandono que presenta e a falla se solucións que se lle teñen dado a moitas construccións algunhas singulares, e outras que poderían ter algún tipo de uso sen que en máis de medio século ( e digo 50 anos), se teña feito nada nin polo Concello, nin por Portos, nin por ninguén. E certamente o que mal está e ver como temos o peirao cando veñene eses "turistas" dos que falades e que o padecen un día, máis o pobo ve os males todos os días. Xa noutro tipo de consideracións pídovos que empreguedes un corrector ortográfico de cando en vez pois algúns erros son de .......( moi grandes) e hai que ter moita.......... ( crenza non que un non ve) para non atopalos.

    ResponderEliminar
  6. Sobre o Museo de Caldoval e coa información oficial que existe respecto diso , dáme a impresión que sabedes bastante máis do que contades nesta páxina porque eu polo menos non vos considero parvos ..

    Pero bo , hai outro tema quizais máis importante e preocupante á vez cal é o estado en que se atopan os traballos de redacción da Revisión do PXOUM contratados fai bastante máis de tres anos sín que ata a data a veciñanza teñamos información pública ao respecto..

    Tamén neste caso seguides sín saber nada ?

    ResponderEliminar
  7. y digo yo, mientras se decide si se construye o no el centro, no sería bueno que se pensase en alguna forma provisional de enseñar los restos de la villa romana antes de que críen moho?Sería una forma muy útil de conocer y valorar de lo que estamos hablando. No se podrían exponer en algún lugar del concello de Mugardos?

    ResponderEliminar

Te rogamos hagas tu comentario con respeto y de forma constructiva para el beneficio de tod@s.