O BOP de hoxe publica as Bases da convocatoria de axudas ás familias para a compra de xoguetes en Nadal dos/as seus fillos e fillas, 2012

Os requisitos de acceso ás axudas aquí establecidas para a adquisición dos agasallos de Nadal para os/as seus fillos e fillas, que estando en convivencia cos/cas solicitantes, non teñan 16 anos cumpridos o 6 de xaneiro de 2013.

Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para o Nadal 2012, a saber, xoguetes, xogos educativos, libros, que se correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos con anterioridade ao 6 de xaneiro de 2013.

As presentes bases serán publicada na páxina web do Concello de Mugardos (www.concellodemugardos.org), e publicarase a convocatoria nun xornal de tirada comarcal. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de decembro de 2012.

Condicións económicas

Unidade Familiar
Porcentaxe
Importe 2012
1 persoa
125%
665,64 €
2 persoas
150%
798,77 €
3 persoas
175%
931,89 €
4 persoas
200%
1.065,02 €
5 persoas
225%
1.198,15 €
6 persoas
240%
1.278,02 €
7 persoas
255%
1.357,90 €
8 persoas
270%
1.437,78 €
Incrementarase un 10% do IPREM o límite económico por cada membro da unidade familiar.

Poderase descontar ata 300 € en concepto de aluguer ou hipoteca da vivenda habitual, sempre e cando se acredite documentalmente, tal e como aparece no apartado de documentación nas referidas bases.


O importe máximo das axudas é de 100 € para cada menor.

As axudas aumentan as cantidades ás persoas que a reciban, xa que serán tamén máis necesitadas, xa que logo éstas parecían escasas pola súa cuantía. Cremos que é mellor dotalas mellor para as familias con menos recursos que repartir máis, con cantidades menores e a familias non tan necesitadas. A alternativa é repartir máis pero en menor cantidade (IU) ainda que non cubra a cuantía dun xoguete ou material dunha certa calidade. Cremos que hai que priorizar donde realmente hai necesidade e non facer demagoxia co "café para todos". 

Resumindo: consideramos mellor concentrar o esforzo a axudar ós que menos teñen, aumentándolle as axudas (PP) ante a alternativa de repartir máis con cantidades inferiores (IU). Así concentramos nos mais necesitados e cunha cantidade superior.