Por un pacto polo emprego.

A Xunta de Goberno do día 19 de xullo ven de aprobar o  convenio de colaboración, asinado en data 6 de xuño de 2012 entre os Concello de Cabanas, Fene, Mugardos, Neda e Pontedeume para o establecemento das bases de cooperación para a posta en marcha e execución dun plan integral de emprego.

Recordemos que o portavoz popular Juan Domingo de Deus tivo un papel decisivo na canalización de esta vía de financiación para que Mugardos entrara neste convenio de colaboración, motivo polo cal advertíu desa posibilidade e empuxou ó goberno municipal para que entrara neste importante proxecto para a creación de emprego nestes momentos de especial dificultade. 
Parece que o portavoz popular traballa máis do que o alcalde recoñece.