A delegada provincial da Xunta visita as 9 vivendas de promoción pública construidas polo IGVS


BELÉN DO CAMPO VISITA AS NOVE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CONSTRUÍDAS POLA XUNTA NO CONCELLO DE MUGARDOS

  •    Catro destas casas adxudicáronse en réxime de compravenda e as cinco restantes, en alugueiro
  •      Os inmobles sortearanse nas vindeiras semanas entre os seus adxudicatarios unha vez que o Concello lles de a licencia de 1ª utilización da que ainda carecen.
  •      O IGVS investiu preto de 900.000 euros na construción destes bloques.


A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá as nove vivendas de promoción pública construídas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) no Concello de Mugardos, onde estivo acompañada polo alcalde Xosé Fernández, o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Antonio Álvarez Vidal o portavoz do PP Juan Domingo de Deus e demáis representantes da Corporación.

Catro destas vivendas, emprazadas na rúa Eduardo Pondal, adxudicáronse en réxime de compravenda e as cinco restantes, en alugueiro, segundo os ingresos familiares dos solicitantes.Trátase de nove casas unifamiliares en ringleira cunha superficie útil de 73,51 metros cadrados, nas que o Executivo autonómico investiu 865.766 euros.

Cada un dos inmobles consta de planta baixa, onde se localiza a cociña, a sala de estar e un aseo, e andar alto, que conta cun dormitorio principal, outro dobre e un baño. Todos dispoñen de praza de garaxe, tendedeira e rocho, que se atopan no soto común. Os materiais e as solucións construtivas adoptadas son de primeira calidade. Así, todas contan cunha fachada exterior de prefabricados de formigón e carpintería de madeira, solados de parqué en salón, dormitorios e corredores e de porcelanato en baños e cociña. A maiores, o conxunto dispón dun local que se atopa no baixo dunha das construcións.

Estudos económicos
O IGVS sorteará en poucas semanas estes inmobles, co que cada vivenda quedará asignada a un adxudicatario concreto. A partir de aí, o departamento autonómico realizará os correspondentes estudos económicos para comunicar a cada adxudicatario o prezo definitivo a pagar pola súa vivenda, que dependerá das condicións económicas familiares. O prezo básico no caso da compravenda é de 96.529 euros e de 241 euros ao mes para o alugueiro, aínda que os adxudicatarios poderán beneficiarse de diferentes tipos de dedución en función dos ingresos acreditados. A vivenda asignada, así como as condicións, prezo e instrucións sobre os trámites a realizar antes da súa entrega comunicaranse dende o IGVS, de forma individualizada, a cada adxudicatario.

A máxima representante do Executivo autonómico na provincia aproveitou o seu percorrido polos inmobles para subliñar “o apoio que mantén a Xunta aos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda”. Na mesma liña, expresou o compromiso do Goberno galego por seguir apostando pola construción de vivendas de promoción pública “especialmente nun momento económico tan delicado como o actual”. 

2 comentarios:

  1. Neste caso podía dicirse aquilo , de que nunca é tarde se a dita é boa , posto que o proceso para a construción destas vivendas iniciouse a metade da lexislatura do goberno bipartito na Xunta de Galicia , mentres que van ser entregadas casí ao final da lexislatura do goberno actual da Xunta .

    Tamén se pode dicir aquilo outro de , que máis vale pouco que nada , posto que estamos falando tan só de 9 vivendas , menos da terceira parte das que nos anos 90 habíanse construído na rúa Contramaestre Casado .

    Aínda que non sexa para botar foguetes , benvidas sexan .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desde luego que bienvenidas sean. Lo cierto es que 7 años despues de inicarse el proceso, por fin tenemos ¡9 viviendas! Casi a vivienda por año. No debe de ser el mejor ejemplo de un Mugardos de progreso, donde los jovenes no tienen donde quedarse ni a trabajar ni consecuentemente a vivir. Bienvenidas sean sí, pero a este ritmo al que nos ha acostumbrado Barcia nos quedaremos sin población, una población que ha descendido de 5680 habitantes a 5409 en apenas una legislatura. No parece un futuro demasiado optimista para nuestros jóvenes. La crisis está ahí para todos, pero hay ayuntamientos que han visto crecer su poblacion porque han invertido mejor en el futuro que nosotros. Bienvenido sea si esto sirve para darnos cuenta de que nos han acostumbrado a conformarnos con lo que nos da este gobierno municipal. Nos han acostumbrado a conformarnos con ser el furgón de cola de la comarca. Bueno, eso es lo que hemos elegido a fin de cuentas...

      Eliminar

Te rogamos hagas tu comentario con respeto y de forma constructiva para el beneficio de tod@s.