martes, 20 de marzo de 2012

Como consecuencia da subida da taxa de auga polo tripartito BNG, EU e PSOE as familias que antes quedaban exentas ou bonificadas xa non o están

A subida da taxa de auga, aprobada polo tripartito BNG, EU e PSOE supoñen que familias que antes estaban exentas ou bonificadas polo seu baixo nivel de renda, agora non o estarán como consecuencia da pésima modificación da ordenanza. Se en vez de primar o beneficio recaudatorio da taxa para o Concello, se tivera pensado máis na mellora da xestión do servicio e nas familias, a repercusión económica sería ben diferente. 

A reforma proposta da taxa polo PP implicaba unha subida do IPC anual, que aparellada a unha mellora da xestión, control de contadores, e previsión de obras de aforro necesarias, melloraría o servicio sen imputarlle un sobrecoste ás familias.