XV Concurso de carteis da Festa do Polbo


O Concello de Mugardos convoca o XV Concurso de carteis da Festa do Polbo.
Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente.
O tema do cartel será: XXII FESTA DO POLBO.
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto: XXII FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS.
O prazo de presentación será todo o mes de abril de 2012.
Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.
O premio consistirá en 500 € que se entregarán en metálico.

Máis información no BOP da Coruña do 10 de febreiro de 2012 e na OMIX de Mugardos, no teléfono 981 47 03 38 ext. 221.

1 comentario:

  1. Paréceme xenial o do concurso de carteis para a festa do polbo, pero ¿500€ de premio? Pero de quen carallo foi esa barbarie?! En plena crise e damos 500€ por un debuxo? ¡Por amor a Deus! Hai señores e señoras que non poden pagarse unha asistenta ou alguén que o/a axude na casa ¿E tiramos 500€, ademáis dos 70.000€ polo desagüe?... Así Vai o País!!!

    ResponderEliminar

Te rogamos hagas tu comentario con respeto y de forma constructiva para el beneficio de tod@s.