O pleno declara por unanimidade o 24 de febreiro día de Rosalía de Castro

Os acordos tomados como consecuencia da moción do BNG foron:

1.- Declarar o 24 de febreiro día de Rosalía no noso Concello.

2.- Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso Concello o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no seu Calendario do Libro e da Lectura.

3.- Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do Concello na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

Nos gustaría que os plenos servisen para dar solucións máis acuciantes ó noso Concello, pero como é lóxico apoiamos a obra de Rosalía. Celebramos que tamén o goberno municipal se inste a si mesmo a facer estas actuacións.