O pleno acorda por unanimidade buscar solucions contra o desemprego

O pleno do pasado venres aprobou a moción de IU coas enmendas incluidas do PP para buscar solucions contra a lacra do paro no noso Concello.

Os acordos votados foron:

1.- Creación dunha "bolsa de emprego" para coñecer con exactitude as condicións das/os nosas/os paradas/os en Mugardos:Formación, situación económica, situación familiar, etc.

2.- Cos resultados obtidos poidamos establecer as políticas formativas e orientacións necesarias para cada unha das situacións.

3.- Establecer, partindo dos resultados, políticas para o fomento da actividade económica e o emprego.

O PP incluíu 5 enmendas para incluir na moción e dotala de máis concreción:

4.- Que a comisión de persoal elabore unhas bases obxectivas sobre a contratación de persoal vinculado a subvencións de organismos públicos (INEM, Xunta, Diputación, etc…) antes do 30 de marzo de 2012.


5.-  Que en ditas bases se teña en conta as condicións socioeconómicas, e se priorice ós/ás desempreados/as de longa duración e outras consideracións con risco de exclusión social.

6.- Que se realice un estudio acerca das necesidades de pymes e autónomos do Concello de Mugardos para poder incidir en políticas de dinamización da economía local.

7.-  Que se elabore un Plan Integral de Dinamización Turística que promova o potencial turístico de nosa Vila.

8.- Que se potencien os acordos co comercio local a través da Mesa Local do Comercio, para coordinar as políticas municipais coas iniciativas empresariais.