sábado, 28 de enero de 2012

O PP foi o único grupo en votar contra a subida das taxas do LIXO, AUGA E SUMIDOIROS.

O Partido Popular foi o único partido que votou en contra da subida das taxas de lixo, auga e sumidoiros propostas polo BNG. A subida do IPC nos servizos básicos non é só un trámite administrativo e unha medida de subida do esforzo fiscal nas familias, senón que sumado á  subida do IBI anunciada polo goberno pode repercutir ainda mais nas rendas mais necesitadas.

O certo é que a taxa levaba conxelada dende 2007, pero porque a crise xa asomaba e semellaba que non era bó cargar mais esforzo nos veciños, e eran tempos para optimizar o servizo, non só en aumentar a rede de auga, senón de poñer os medios na xestión do seu mantemento.  Ainda así a taxa do lixo está calculada co indice do SMI (salario minimo interprofesional), deixandoa como estaba, ainda que o resto das taxas se aplica como indice de referencia para o cálculo económico o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), tal e como establece o Real Decreto Ley 3/2004 de 25 de xuño para a racionalización da regulacion do SMI. Dende o 2004 pois o SMI queda restrinxido ó ámbito laboral. Para o reto de cálculos debe usarse o IPREM. Ademáis non se abordan de verdade os medios para mellorar o servizo, nin sequera se diferencia a recollida de residuos segun a súa tipoloxía.

En definitiva, o que non se pode é aumentar o prezo dos servizos se estos non aumentan a súa calidade, senón en moitos casos é ó contrario, xa que hai un descontrol nos ingresos, non existe persoal suficiente para manter o servizo de auga, non existe un control riguroso nos edificios municipais (algúns non teñen contadores, e polo tanto é imposible controlar o seu gasto). O PP pediu que se aplicara unha cuota de mantemento mínima sobre todo para gravar as segundas vivendas.