Preguntas realizadas polos/as concelleiros/as do PP ó gobierno municipal no pleno de novembro.

Preguntamos ó concelleiro de cultura e deportes (Sr. Bouza) cando pensan sacar do caixón a proposta do PP de ordenanza de instalacións deportivas e o anexo a este de Regulamento de uso para o campo municipal de herba artificial da Pedreira, a fin de que se teña constancia do uso preferente do Galicia de Mugardos, e se poda acceder tamén a él polos usuarios que así o desexen. Presentamos por escrito a nosa proposta hai 2 meses. 

Preguntamos ó concelleiro de obras e servizos (Sr. Roca) cando pensaba ler a proposta presentada polos grupos municipais por escrito sobre ordenanzas para o mercado municipal. Recordamos que EU presentou unha, o PSOE outra e o PP outra máis.  

O alcalde responde que "na próxima comisión de deportes vai a ir o regulamento ese. E na de servizos a ordenanza municipal do mercado". Seguimos esperando...

Fixemos un rogo á concelleira de Benestar para que na medida do posible se levara por emerxencia social ás axudas pàra xoguetes de nadal, para que ningún neno/a quede sen xoguetes. A proposta do PP recolleuse e levouse a comisión de benestar.


Seguimos pediendo paneis informativos nas parroquias para que se coloque aló informacion do Concello de interese. Sin resposta ainda.


Pedimos tamén a sinalizacion de lugares e zonas cun letreiro, xa que son varias as ambulancias que non encontran con facilidade as casas. Seguimos sen noticias.


Solicitamops  información relativa ó PXOM xa que os redactores e mais ainda o grupo de goberno está desaparecido neste asunto. Así non pode haber nada. Tema tabú????



1 comentario:

  1. Sín minusvalorar as demais cuestións , que non deixan de ser preocupantes , voume a centrar no tema do PXOM por considerar que estamos ante un feito inaudito posto que nos últimos tempos foron repetidas as veces nas que o Partido Popular , non sei si tamén outros grupos municipais , interésase e reclama información sobre esta cuestión cada vez máis preocupante, dado o silencio absoluto do goberno municipal do BNG que non se corresponde coa transparencia exixible ao exercicio da actividade pública e que dá lugar a pensar que algo se pretende ocultar .

    No Diario Oficial de Galicia de 28 de novembro de 2008 , publicouse a licitación da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Mugardos por importe de 104.400 euros e , entre outras cuestións , fixábase un prazo de execución de 30 meses .

    A mediados de febreiro de 2009 adxudicáronse os traballos de revisión do PXOU por importe de 93.475 euros á empresa Ambito Ecourbanismo .

    Hoxe 13 de decembro de 2011 a pesar de pasar con fartura o prazo de 30 meses nada se sabe desta cuestión . E o máis grave de todo iso é que tampouco o saben , ou si o saben cálanno , o cal sería moito peor , os nosos representantes públicos municipais .

    ResponderEliminar

Te rogamos hagas tu comentario con respeto y de forma constructiva para el beneficio de tod@s.