sábado, 24 de diciembre de 2011

O goberno municipal do BNG non sacou este ano as subvencions a entidades culturales e deportivas.

Podemos opinar si foi despiste ou a drede que o goberno do Sr. Barcia non convocara as subvencions anuais para as entidades culturais e deportivas do Concello. Se foi despiste, foi un despiste inoportuno nunmomento delicado e polo tanto digno dun tirón de orellas. Se foi a drede entón é peor por ocultar á oposición as intencions do goberno de facer as cousas sen falar coa oposición. 

Indudablemente, nin o primeiro nen o segundo son aceptables, xa que existe persoal do Concello encargado desa labor de recordatorio, e polo tanto dificilmente creible o despiste. 

Se o goberno municipal quere seguir a xogar ó despiste que xogue, nos cremos que é un momento delicado para que un goberno en minoría no afronte os problemas buscando o consenso. Pero claro, por outro lado primeiro son eles, e despois o pobo de Mugardos.