lunes, 28 de noviembre de 2011

O director de Tráfico da Coruña estivo hoxe no Concello firmando varios convenios de colaboración.

O director de Tráfico da Coruña, Pedro Pastor, estivo hoxe reunido co alcalde e os portavoces dos grupos municipais firmando varios convenios de colaboración co Concello.

Firmouse un convenio básico de colaboración para incorporar información municipal ás bases de datos da DGT, no referente a datos de impagos do IVTM (rodaxe), de posibilidade de incorporar datos do padrón para as comunicacións de infraccións e a posibilidade de que o Concello utilice a rede SARA sobre notificacións de expedentes abertos de manera que calquer/a veciño/a poda acceder a consultar se ten algún procedemento aberto en Tráfico ou ten pendente agunha multa, etc...

Asimesmo tamén pareceu importante que o Concello envíe os informes de accidentes, especialmente donde haxa víctimas, para poder analizar puntos negros ou zonas de especial siniestralidade.

O portavoz popular Juan Domingo de Deus preguntou sobre as vías de colaboración entre Concello e DXT sobre todo na imperiosa necesidade de dar solucións de seguridade vial nos colexios.

Neste sentido falouse sobre un necesario Plan de Seguridade Vial Urbano que poda ser un instrumento de utilidade para o Concello e á vez sirva de análise da problemática de seguridade vial do Concello. Este é un paso previo para poder conveniar solucións con Tráfico e Xunta de Galicia (estradas da súa titularidade). Ademáis comprometeuse a facer controis de velocidade neses tramos (ollo ó radar) e incluso de alcolemia.(Se bebes non conduzas)

Finalmente o alcalde, o concelleiro de tráfico (Roca) e os portavoces acompañaron ó director da DXT da Coruña ata Catro Camiños, onde poido comprobar in situ a necesidade de abordar unha solución que mellore a precaria seguridade vial dos rapaces e rapazas especialmente ás horas de entrada e saída dos colexios (tamén instituto), e tamén para evitar excesos de velocidade.