miércoles, 9 de noviembre de 2011

Debate cara a cara en TV: Rubalcaba trata a Rajoy como Presidente

É evidente que Rajoy ganou o debate da pasada noite e actuou como o próximo presidente de España mentres que Rubalcaba quere confirmar que será o líder da oposición. 

Rubalcaba preguntaba a Rajoy e este explicaba as súas dúbidas. Máis que un debate entre candidatos semellaba unha entrevista dun xornalista –Rubalcaba- a un futuro presidente de Goberno.

Rubalcaba ocultou o seu programa porque é o mesmo que o de hai tres anos e medio, por iso se centrou no que non vai facer o PP. Cando un carece de programa o que fai é intentar minusvalorar o programa do opoñente e botar por terra as súas propostas.

Por outra banda, coñecendo os gobernos dos que formou parte o socialista, o seu papel de portavoz en momentos lamentables da nosa historia e coñecendo a súa trayectoria en xeral o único que podemos dicir é: Rubalcaba, non cola…

Como tampouco cola a permanente insistencia cos pantasmas do pasado. Hai un problema de credibilidade enorme con Rubalcaba: nadie pode ir contra os seus propios actos

Está en xogo se queremos continuar polo mesmo camiño ou cambiar de rumbo e non deberíamos prolongar nin un minuto máis esta situación. España necesita un cambio e con urxencia.
Temos unha gran oportunidade, superamos moitas cousas e constituimos unha gran nación que non se rinde nunca.