miércoles, 28 de septiembre de 2011

Publicadas as axudas á escolarización 2011: Prazo de solicitudes do 3 ó 14 de outubro.

O obxecto do presente regulamento é a definición e regulación das diferentes axudas municipais destinadas á atención das necesidades sociais da poboación do concello de Mugardos infanto-xuvenil que está a cursar estudos. Enténdese como unha parte do conxunto de prestacións de carácter subsidiario e complementario doutro tipo de recursos económicos previstos na lexislación vixente que forma parte do conxunto de intervencións e actuacións específicas necesarias para a prevención, asistencia e promoción social.

REQUISITOS E  DESTINATARIOS/AS DO PROGRAMA



Poderán acceder ao programa de axudas as persoas individuais, unidades de convivencia, maiores de idade ou menores con cargas familiares, que reúnan os seguintes requisitos:



1 Estar empadroado/a no Concello de Mugardos e ter residencia efectiva neste cunha antigüidade de polo menos 6 meses á data da solicitude.

2 Deberase presentar o certificado oficial que xustifique todos os ingresos da unidade familiar de convivencia (declaración da renda, xustificante de pensións/prestacións sociais, etc..).

3 Fotocopia de matrícula para o curso escolar correspondente ou informe/certificado emitido polo centro escolar indicando o curso que estudirán os/as posibles beneficiarios/as.

4 Non figurar, nin o/a solicitante nin outro membro da unidade familiar de convivencia como titular de industria, comercio ou calquera outro negocio.

5 Cumplir, en todo caso, todos os requisitos económicos que se estipulan no presente regulamento.

6 Cursar estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou PCPI, nos colexios do concello de Mugardos, ou estudos de FP ou PCPI noutros centros. Naqueles casos de que por razóns de proximidade xeográfica (por exemplo, parroquias limítrofes) o/a rapaz/a curse estudos fóra do termo municipal de Mugardos, estudaráse cada caso individualmente, sempre e cando cumpra o resto dos requisitos (estar empadroado/a en Mugardos, non superar o nivel económico especificado e cursar estudos en centros públicos)