jueves, 15 de septiembre de 2011

As familias numerosas poden solicitar a bonificación do IBI (contribución do 2012) ata o 30 de decembro


 Ata o 30 de decembro teñen as familias numerosas de Mugardos para solicitar unha bonificación do IBI do 50% segundo os seguintes requisitos:
 "3. Gozarán dunha bonificación do 50% na cota do imposto do inmoble que constitúa a súa residencia habitual os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, segundo a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Para aplicar a bonificación será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, quen deberá acreditar:
a) O empadroamento na vivenda obxecto da solicitude.
b) A condición e categoría de familia numerosa por medio do título oficial.
Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por unidade familiar."