viernes, 5 de agosto de 2011

Preguntas realizadas polo PP na sesion plenaria do 29 de xullo de 2011

José Antonio López Sueiro (PP):

"Quería facer unha pregunta sinxela e é ¿cando se ten previsto dar a auga de alta para a zona de San Xoan de Piñeiro?. Unha mais, respecto á ordenanza municipal de tráfico os únicos datos que encontramos é esta pequena ordenanza que teño aquí, non sei se se actualizou ou non, por iso quero facer unha sinxela pregunta, si se podería actualizar a día de hoxe, sobre todo en contías, datos ....".

Resposta do concelleiro de Obras, servizos e persoal Sr. Roca (BNG):

"Imos a ver, o da auga de San Xoan xa se ten dito por activa e por pasiva, e estamos en negociacions co Concello de Fene para que...para montar un contador no límite entre Fene e San Xoan. Pero tamén estamos , van a facer a conexion na rotonda da Gallada, Aquagest xa ten os permisos pertinentes agás o de cortar a autovía, porque teñen que cortar a autovía para montar o tubo que conexiona á Gallada, ou sexa, na gasolinera temos auga, na outra banda non temos, entón, xa teñen todos os permisos agás o da Cotop para cortar, por que teñen que armar andamios tanto nunha direccion como noutra, para que tanto os que veñen de Mugardos suban a baixen outra vez a ... e queda cortado ese tramo para facer a obra esa.
Estamos nese punto. E outro pois non sei, haberá que mirar haber si é de tráfico ou...a verdade é que non o sei, haberá que miralo, comprobalo."