viernes, 8 de julio de 2011

O pleno aproba a asignacion de áreas de goberno e as retribucions dos/as concelleiros/as





Explicación rebaixa de soldos dos políticos do concello de Mugardos. O xoves da semana pasada realizouse o pleno para as remuneracións os concelleiros para a próxima lexislatura, as valoracións que se fan sobre o aforro e o seguinte:

- Na anterior lexislatura, a cantidade destinada nos presupostos do concello a remuneracións ascendían a un total de 231.000€, dicir que este era a cantidade destinada pero nunca se cegaba a consumir na súa totalidade, e o sobrante non se pode destinar nunca a outra cousa. Na anterior lexislatura no concello había unha dedicación exclusiva(do alcalde) e dúas parciais (BNG E PP), o resto dos concelleiros cobraban por asistencia a plenos e comisións.
- O acordo chegado o xoves dia 7 entre os partidos foi o seguinte, acordáronse eliminar a dedicación exclusiva o alcalde(solo cobrara por plenos e comisións, o importe a cobrar ascendera arredor dos mil euros, que cumprimentara co a súa pensión, de haber aceptado a dedicación como tiña so podería cobrar a dedicación, polo que cobraría menos que agora o sumar a pensión mais o que percibirá do concello), pero haberá tres dedicacións exclusivas (unha BNG, unha PSOE, unha IU) dúas parciais (unha BNG, unha PP), o cobro por comisión e plenos dos resto dos concelleiros mantén as mesmas contías que na anterior lexislatura.
- Onde esta o aforro? Pois elimínanse o cobro de comisións extraordinarias, e plenos extraordinarios (xa non se fará ningunha, antes facíanse comisións extraordinarias para tratar temas como o Sahara ou a política lingüística, que non afectan en nada a vida dos veciños e so valían para cobrar).
- RESUMO: A alcaldía valorou o aforro nun 33%, xa que contemplan para valora-lo aforro conseguido, supoñendo que se gasta o total presupostado, pero a realidade e outra, dos 231.000€ na anterior lexislatura consumíronse 190.000€. polo que o aforro real e arredor dun 10%. Quen gaña con esta reforma, primeiro o Concello que aforra ese 10%(pero que se lle sumaramos a pensión do alcalde realmente a facenda publica(concello e estado) non aforraría nada), e segundo os partidos BNG, PSOE e IU que conseguen unha dedicación exclusiva para os seus edís que non tiñan a lexislatura pasada.