jueves, 4 de noviembre de 2010

O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas de Luxemburgo declara incompatible co dereito europeo o real decreto do carbón.


Os populares manifestamos a nosa satisfacción despois de que o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas de Luxemburgo declare incompatible co dereito europeo o real decreto do carbón.

Pese aos esforzos do Goberno do Estado, parece que vamos polo bo camiño para que os 3.500 postos de traballo dependentes das dúas centrais térmicas galegas xa non corran perigo.

Insistimos en que a decisión da Unión Europea avala a ideoneidade do recurso contra o decreto do carbón presentado pola Xunta de Galicia en vista do fracaso das negociacións políticas e institucionais cun Goberno que ignorou a Galicia e tratouna con desidia e falta de respeto institucional en todo momento e hasta non invitala á comisión de seguemento.