martes, 23 de noviembre de 2010

Axudas do Igape (Xunta) a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia)


Convoca: IGAPE

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Prazo de presentación:
Desde: Mércores 10 de Novembro
Ata: Mércores 15 de Decembro


Descargar bases aquí
Incentivar a demanda de mobiliario en madeira e manter o emprego son os obxectivos básicos deste novo impulso da Consellería de Economía e Industria a un sector estratéxico para Galicia. O importe mínimo das operacións subvencionables –compra dun ou varios mobles- será de 600 euros e o máximo de 4.000. O programa presentado polo Conselleiro Javier Guerra está consensuado co sector, que se compromete a facer descontos equiparables ás subvencións do Igape para acadar apoios conxuntos de ata 600 euros por beneficiario.