martes, 14 de septiembre de 2010

O goberno municipal do BNG desoe ós veciños de Santa Lucia e Xesteira que sofren inundacións pola mala canalización das augas.



Mellora das condicións da rúa Sta. Lucía

Os Grupos municipais do PP, PSOE ,EU-IU e IpM demandan que o grupo de goberno do Concello de Mugardos asuma a realización das seguintes actuacións de urxencia para evitar as inundacións na rúa Sta. Lucía e Xesteira.

As actuacións propostas serían:

1.- Limpeza do cauce do río Casal.

2.- Apertura e limpeza das cunetas na rúa Sta. Lucía.

3.- Revisión do estado actual do alcantarillado da rúa Sta. Lucía.

Durante anos os/as veciños/as destas rúas levan sufrindo as inundacións provocadas fundamentalmente porque o cauce do río Casal está conectado ó alcantarillado, as augas pluviais provintes da rúa Curros Enriquez e da rúa do Casal non están canalizadas confluindo nas rúas citadas, as obras constantes na zona (canalización EDAR e Telefónica), así como o crecemento urbanístico, non prevendo a ampliación da capacidade dos servicios.

Asemade, demandaremos do grupo de goberno o cumplimento da moción aprobada no pleno do día 27 de agosto no que os grupos municipais antes citados propuñamos a realización dunha memoria técnica valorada que dea solución de continuidade ós problemas plantexados.

Esta demanda xa é coñecida polo grupo de goberno, dado que o día 1 de xullo os veciños afectados rexistraron no concello unha petición similar á plantexada polos grupos municipais da oposición.

Esta petición será plantexada polos grupos municipais na comisión de obras que se vaí a celebrar o xoves día 16 de setembro, esperando que esta nova iniciativa conte co respaldo do grupo de goberno e así poder solventar o perigo inmediato, e á espera da presentación por parte do grupo de goberno da memoria técncia valorada.