viernes, 14 de mayo de 2010

A oposición ó completo denuncia que o goberno oculta información relativa á urbanización de Mahía.



Os grupos da oposición están cansos de esperar pola documentación solicitada ó goberno municipal sobre os informes xurídicos e técnicos que se solicitaron hai meses e que o goberno non quere ensinar á oposición. Esta situación é unha grave falla de responsabilidade do alcalde ó non dar ós grupos da oposición a documentación solicitada, o que dilata no tempo un grave problema para os veciños, que teñen a súa urbanización en pésimas condicións de mantemento, e que nin Mahía como promotor dá solucións nin o Concello quere informar ós concelleiros/as da oposición.


Os grupos municipais non estamos dispostos a continuar con esta irresponsabilidade do alcalde que pretende ocultar información ós grupos municipais.