viernes, 30 de abril de 2010

Mariscadoras de Mugardos beneficiaranse da prórroga do convenio para a recuperación produtiva dos bancos marisqueiros



O convenio asinado entre a Consellería do Mar e as cofradías de Mugardos, Ferrol e Barallobre teñen por obxecto incrementar a capacidade produtiva dos bancos e as súas condicions.

Os convenios teñen por obxecto paliar as perdas derivadas das zonas C. A prórroga do convenio será de 4 meses. A cuantía do convenio dotará de 158.831,38 €, e contempla accións de reparqueo, rexeneración, limpeza e recuperación dos bancos marisqueiros durante o segundo cuatrimestre do 2010.

No caso dos tres convenios (un con cada cofradía) o importe será cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca nun 61% e a Conselleria do Mar co 39% restante. Poderá ampliarse cunha segunda prórroga.