lunes, 8 de marzo de 2010

O PP de Mugardos critica que o Concello ten facturas pendentes cos autónomos dende fai 5 meses


O PP de Mugardos pedirá na comisión de facenda que se inclúa na orde do día as facturas que se adeudan dende polo menos outubro de 2009 (5 meses). O Concello, en pleno do 26 de febrero de 2009 aprobou unha iniciativa para establecer o pago de facturas nun tempo non superior ós 60 días, e de ter pagos que superen ese tempo establecer un calendario específico para solucionar as que quedaran pendentes.


O pequeno comercio e as pequenas empresas non poden soportar o impago do Concello a 5 meses, xa que nos tempos de crise económica ós autonómos e pequenas empresas (moitas do noso Concello) ven peligrar a superviviencia do seu negocio.


Dende o PP traballaremos para que o Concello busque a mellor solución a estes problemas.