O Grupo Municipal do PP presentará unha moción no pleno contra a subida do IVE do goberno de Zapatero


O Grupo Municipal do Partido Popular ve que a subida do IVE terá unha gran repercusión negativa sobre o consumo, sobre producto e servicios como a roupa, o calzado, os electrodomésticos, recibo da luz, factura do teléfono, coches, vivenda, alimentación, hostelería, restaurantes, transporte, e os Concellos e as Comunidades Autónomas arrastrarán un maior gasto nas maltrechas arcas, que pode verse ainda maás agravado se estes, ante tal situación optan por subir os impostos e taxas municipales, o cal tería un efecto multiplicador do esforzo das familias.


Esta subida do IVE vai ter lugar en xullo, se o goberno non rectifica, despois de que en 2009 o goberno incrementara o imposto sobre os hidrocarburos e o tabaco.


¿Hai alternativas á subida do IVE proposta polo goberno de Zapatero?


Sí, algunhas xa foron propostas polo PP, e estarían enfocadas a preservar estas medidas de afogamento das familias sen poñer en perigo a saida da crisis:
  • Non ter anunciado a creación da deduccion dos 400 € antes das eleccions que supuxo un gasto anual para o Estado de 7.800 millons de €.

  • Non ter incrementado en 8.086 millons de € o gasto en persoal ó servicio do Estado con respecto ó 2004.

  • Non ter gastado 8.000 millons de euros en obras menores nos Concellos co Plan E que non serviu para reducir o desemprego senon que destruiu 1,2 millons de empregos no 2009 e agora pretende repetir a faena con 5000 millons máis do 2º plan E que en Mugardos non serviron para empregar a casi ninguén (son das plantillas das adxudicatarias das obras) e non para falar da verdadeira financiacion dos Concellos que asumen competencias que non lle son propias.
O IVE terá un efecto ainda máis severo nas economías máis precarias, xa que repercute sobre todo o consumo, sen discriminar nos niveis de renda e nos/as traballadores/as (medida bastante anti-socialista)