jueves, 18 de marzo de 2010

O goberno en minoria do BNG aproba o 2º PLAN E excluíndo do mesmo á oposición


O segundo PLAN E foi aprobado en solitario polo goberno municipal excluindo á oposición do mesmo na Xunta de Goberno Local do 21 de xaneiro de 2010.

En concreto as obras son as seguintes:

1. EDIFICIO CENTRO DE RECUPERACIÓN (SPA DA PISCINA) 155.643,55 € cada Concello (Mugardos e outro tanto Ares). Sobre 360.000 €.

2. MELLORA DA ACCESIBILIDADE PEATONAL E SEGURIDADE VIAL DAS RÚAS BARRAL E RÚA MARIA. Tramo Cano da Rúa-Avda de Galicia. 359.836,11 €.


3. REPARACIÓN ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE O SEIXO. 46.371 €

(IVE incluido)
Así é: o goberno pon os cartos e o goberno do BNG as medallas, e por riba os do PSOE de Mugardos caladiños...
Así é imposible planificar as obras no tempo, xa que logo non consultan con ninguén e improvisan a golpe de subvención e sen planificación. Dende logo así o raro é que a oposición colabore se non se quere contar con ela.