O PP de Mugardos consegue que se cambie a señalización da Vía Rápida

A vía rápida de Mugardos xa contén na señalización as parroquias de FRANZA e SAN XOAN.


Despois de varios anos nos que non existian referencias sobre a existencia de Franza e San Xoan, e tras as xestions feitas polo PP de Mugardos ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraescturas na sua delegacion da Coruña.


O PP de Mugardos, a instancias do seu portavoz Juan Domingo de Deus trasmitiu ó Delegado Territorial Diego Calvo a necesidade de sinalar convenientemente os accesos ás parroquias de Franza e San Xoan. Traballo que o propio grupo municipal elaborou in situ.
O grupo de goberno do BNG non foi capaz de reclamarlle á Xunta unha sinalización demandada polos veciños desde fai varios anos. Moito interés tampouco demostraron.
O PP segue xestionando melloras para o Concello ante a Xunta de Galicia, ese é o compromiso que adquiriron co cargo, e seguirán traballando para que Mugardos despegue, facendo as xestions necesarias ante a Xunta para cubrir moitas necesidades dun Concello que necesita un cambio de cara importante, cubrindo as necesidades mais elementales e dotando de servicios de calidade ós seus veciños/as.
¡¡¡Por fin Franza e San Xoan EXISTEN!!!