A oposición de Mugardos esixe ó goberno do BNG que amañe dunha vez o colexio de O Seixo


A oposición de Mugardos ó completo leva tempo demandando que se cubran as obras mais urxentes dos colexios, mentres o BNG leva meses facendo oidos sordos e votando a culpa á Xunta, a mesma Xunta desde a que eles en 4 anos non foron quen de amañar.


Votar a pelota ó tellado de outro é a escusa mais recurrida do BNG. E mentres, chove no colexio.


A inoperancia do goberno do BNG é a que fai que teña que axitar á movilización dos pais, movilizacions que antes das eleccions con eles na Xunta non se produxo. E daquela tamén chovía. Ou a inoperancia para facer un estudio económico sobre os custes do comedor escolar, que estivo meses sen facer non se sabe por que razón. Nin se levou a estudio os tramos de axudas para aquelas familias ás que axudar cos gastos dos menús. Nada, nada e nada.


E sin estudio de costes, nin estudio de rentas, sen valoracion do mantemento van á unha Xunta que leva toda a sua historia , con calquera goberno, diciendo que non invirte nas escolas unitarias, que se están a pechar tarde o temprano. Pois a pesar de contar cun acordo municipal ó respecto desde o ano 1999 no que o Concello estase a facer co mantenimento integral desta instalacion (amañada xa en varias ocasions, ainda que mal) ahora quere botar balons fora e eludir a sua responsabilidade e ocultar a sua incapacidade para resolver este problema fai tempo.



Ahora, claro, fan o mellor que saben facer, axitar as bandeiras, berrar a Xunta. Eso sí saben facelo, pero mentres ¿Quen goberna Mugardos?

¿Porque non berraban cando gobernaban a Xunta?