Boas festas en Mugardos


O PP ten que felicitar á organización das festas en sentido xeral, porque estiveron moi ben dadas as circunstancias económicas que estamos a pasar. Bó ambiente, moitas atraccions para os/as mais novos/as, un fogos artificiais bastante bós, orquestras a bó nivel, a existencia dunha carpa que deu moito uso, e que podia solventar problemas de choiva na orquestra, servicios públicos...


É bó de vez en cando, ainda na oposición recoñecer os méritos de outros. Noraboa polo traballo realizado.


Non así a festa do polbo. En xeral desenrolouse ben, pero veíase falta de organización no control dos invitados, vendéronse tickets do polbo cando non chegou, e o mais importante, unha festa do polbo de interese turistico galego non pode durar 4 escasas horas, desde as 12 as 4, hora na que xa non había polbo pero sí xente con tickets, que a organización non poido reintegrar por "recoller os cartos e levalos ó Concello", cando xente da organización estaban na carpà de venta falando sen funcion ningunha e a xente esperando polo reintegro dos cartos.


Unha festa deste tipo ten que durar mais horas, porque son moitos os que veñen a Mugardos pola tarde, e ven unha carpa baleira. O PP xa dixo que os 1200 kg non chegaban a nada, e así foi, duraron 3 horas, non parece moito tempo para unha festa de interese turistico galego.