Portos de Galicia estudiará as demandas dos armadores mugardeses

O presidente de portos de Galicia, José Manuel Alvarez Campana e o delegado provincial Diego Calvo visitaron Mugardos esta fin de semán invitados polo PP de Mugardospara coñecer de primeira man as demandas dos armadores de Mugardos. Entre elas a revisión das elevadas tasas portuarias, postas polo bipartito, a ampliación de Punta Ratón cun espigón de abrigo e novos pantalans, e zonas para gardar os aparellos e artes de pesca para que non ocupen coma agora a gran parte da superficie do peirao. Asimismo o PP de Mugardos pasoulle ó presidente de portos un dossier con outras demandas, como poden ser a casa do reloxo, solucions para o peirao do Seixo, p estudo de viabilidade para manter o trasport en lancha na ría...

Asimesmo o portavoz do PP Juan Domingo de Deus Fonticoba trasladoulle ó delegado provincial Diego Calvo unha serie de preocupacións por proxectos paralizados e outros necesarios, sobre os cales pediu á Xunta que invirta en Mugardos polo atraso que ten en moitas infraestructuras e carencia nos servicios.

Tanto o delegado como o o presidente de portos levaron a documentación aportada para estudiala e agradeceu invitación do PP de Mugardos e a súa preocupación polos problemas do sector, demostrando o compromiso firme do PP de Mugardos por dar solucions reais ós veciños/as e manifestando un gran compromiso dende unha oposición constructiva.