martes, 23 de junio de 2009

O PP presentará varias iniciativas no pleno ordinario deste venres de apoio ó sector lácteo galego e de axudas ó sector pesqueiro


O próximo venres toca pleno ordinario de xuño ás 19:00 horas. Acto ó que podedes acudir.

O PP de Mugardos presentou unha moción de APOIO Ó SECTOR LÁCTEO, con serios problemas encaminada a poñer riba da mesa xestions por parte do goberno de España coma xa está realizando a Xunta de Galicia.


Asimesmo tamén presentarán unha iniciativa SOBRE A AMPLIACIÓN A FAVOR DOS TRIPULANTES DAS AXUDAS PREVISTAS POLA PARALIZACIÓN TEMPORAL DA FLOTA PESQUEIRA E INSTANDO AO GOBERNO CENTRAL A ACELERAR O SEU ABOAMENTO, aboamento que non se produciu e que estan a sufrir por mor da prohibicion de sair ó mar. Ao redor de 450 barcos galegos das flotas de palangre de superficie, Gran Sol (NEAFC) e do caladoiro nacional (litoral) están a verse afectados polos ceses temporais da actividade pesqueira decretados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.