O PP de Mugardos irá a Santiago a demandar melloras para o sector pesqueiro

O portavoz municipal do PP Juan Domingo de Deus solicitou unha reunión co Presidente de Portos de Galicia para expoñerlle necesidades do sector en relación á necesidade de varias infraestructuras demandadas no porto de Mugardos.

Acudirá con representantes dos pescadores a dita reunión. A Patrona Maior tamén foi consultada e invitada pero declinou asistir á espera da visita da Conselleira á Cofradía de Mugardos.

Asimismo o PP de Mugardos solicitou unha entrevista co delegado territoral Diego Calvo para expoñerlle con mais detalle a preocupacion polas obras de seguridade vial de San Xoan, a señalización correcta de Franza e San Xoan na vía rápida, o arranxo da estrada Gallada-O Seixo, e moitos outros temas de interese para o Concello que levan tempo paralizados pola Xunta bipartita e que o goberno municipal non poido quitar adiante.