O goberno municipal segue sen presentar o estudio económico do comedor escolar 3 meses despois de aprobalo no pleno


No pleno ordinario de marzo o PP levou unha moción destinada a dar un impulso ó comedor escolar e clarificar a súa xestión. Deste documento debía sacarse o estudio económico sobre o cual o Concello debía planificar a súa xestión e mantemento.


TRES MESES despois o goberno municipal do BNG segue sen presentar ningún dato nin moito interese por facelo apesares de volver a falarse del en posteriores reunións e incluso na xunta de voceiros.

Seguiremos insistindo, ainda que nos tachen de oposición obstruccionista que quere paralizar o progreso de Mugardos...