O Concello de Mugardos se adherirá á Axencia galega de proteccion da legalidade urbanística


A comisión de urbanismo aprobou por unanimidade adherirse á Axencia de protección da legalidade urbanística dependente da Xunta de Galicia. Este paso implicará que será a Xunta a que levará a cabo os expedientes de sancion ou reposición da legalidade urbanistica en solo de núcleo rural (SNR).

O PP, mediante os seus representantes na comisión de urbanismo insistiu na necesidade de equiparar dereitos e deberes, non só fora dos cascos urbáns, senón tamén e sobre todo neles ,que é donde hai maior presión urbanística. Polo tanto parece necesario que o Concello poña todas as ferramentas das que dispón para facer efectiva esta protección para así defender os intereses xerais de quen fai as obras conforme a dereito e á normativa municipal.